Potencial de quecemento global

O forzamento radiativo (influencia no quecemento) dos gases atmosféricos de efecto invernadoiro de longa vida acelerouse ata case duplicarse nos últimos 40 anos.[1][2][3]

O potencial de quecemento global ou índice GWP (do inglés global warming potential) é unha medida de canta radiación térmica infravermella sería absorbida nun período de tempo dado por un gas de efecto invernadoiro engadido á atmosfera, expresada como un múltiplo da radiación que sería absorbida pola mesma masa engadida de dióxido de carbono (CO
2
). Mide a intensidade con que un gas inflúe no quecemento global comparado co CO
2
. O GWP é 1 para o CO
2
. Para outros gases depende da intensidade con que o gas absorbe radiación térmica infravermella, da rapidez coa que o gas abandona a atmosfera e o período de tempo que está sendo considerado. O equivalente de dióxido de carbono (CO
2
e ou CO
2
eq ou CO
2
-e) calcúlase a partir do GWP. Para calquera gas é a masa de CO
2
que quentaría a Terra en igual medida que a masa dese gas. Así, proporciona unha escala común para medir os efectos climáticos de diferentes gases. Calcúlase como GWP multiplicado pola masa do outro gas.

O metano ten un GWP (en 100 anos) de 27,9,[4] que significa que, por exemplo, unha fuga dunha tonelada de metano equivale á emisión de 27,9 toneladas de dióxido de carbono. De xeito similar, unha tonelada de óxido nitroso, procedente de arrozais ou do esterco por exemplo, equivale a 273 toneladas de dióxido de carbono.[4](p7SM-24)

  1. "The NOAA Annual Greenhouse Gas Index (AGGI)". NOAA.gov. National Oceanographic and Atmospheric Administration (NOAA). Spring 2023. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2023. 
  2. "Annual Greenhouse Gas Index". U.S. Global Change Research Program. Arquivado dende o orixinal o 21 abril 2021. Consultado o 5 de setembro de 2020. 
  3. Butler J. and Montzka S. (2020). "The NOAA Annual Greenhouse Gas Index (AGGI)". NOAA Global Monitoring Laboratory/Earth System Research Laboratories. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2013. Consultado o 5 de setembro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 "7.SM.6 Tables of greenhouse gas lifetimes, radiative efficiencies and metrics" (PDF). IPCC. 2021. p. 7SM-24. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search